Benvid@!
Se chegaches ata aquí, é que queres saber máis sobre nós. Así que imos alá coa nosa presentación.
Con C de Comunicación conformámolo un equipo novo, pero amplamente experimentado cun denominador común: profesionalidade, ilusión e entusiasmo. Tres ingredientes fundamentais presentes en cada un dos nosos traballos e que nos gusta transmitirlles aos nosos clientes.
Na nosa axencia convertemos ideas e soños en realidades. Axudámoste a vender os teus produtos. Encargámonos de que a túa empresa comunique correctamente. Tamén procuramos que as túas mensaxes cheguen ao público obxectivo, aos medios de comunicación e á sociedade en xeral a través da canle máis adecuada. Ademais organizamos eventos, realizamos vídeos corporativos, xestionamos redes sociais, desenvolvemos campañas de márketing online, etcétera.
Para facer posible todo o anterior contamos cun equipo de profesionais especializados en todos os ámbitos: fotografía, deseño, creatividade, comunicación, márketing, audiovisual…
Non nos estendemos máis, só queremos compartir unha frase que dixo nunha ocasión o publicista Luís Bassat e coa que estamos completamente de acordo, “A boa publicidade vende o produto hoxe e constrúe a marca para mañá”.
Falamos?