Category
Deseño gráfico

AROUSA NORTE

Arousa Norte é unha entidade creada en 1974 para mancomunar servizos entre os concellos que forman a comarca do Barbanza.  Os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e  Riveira, situados na zona norte da ría de Arousa (provincia da Coruña).

A localización, no corazón da costa atlántica galega, e unhas boas infraestruturas de comunicación fan que o destino resulte facilmente  alcanzable. A fértil Ría de Arousa, que baña estes catro concellos, é unha das máis prestixiosas e recoñecidas a nivel mundial pola nobreza coa que os seus produtos tinguen a súa gastronomía.

Quere consolidarse como un destino turístico diferenciado e de calidade dentro do panorama nacional e internacional.

Na actualidade, fortaleceuse como destino grazas, en boa medida, á  súa posta en valor mediante a colaboración e sensibilización co sector empresarial e a poboación local. Froito desta colaboración é a elaboración desta serie de catálogos e guías, con rutas por estrada e en barco, así como guías de referencia para a procura de aloxamentos e restaurantes.

A mensaxe a transmitir é que Arousa Norte é natureza, acougo e calidade, un destino que ten moito que ofrecer e todo por descubrir.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando dá su consentimiento para la aceptación nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies