poster_igualando_carballo libro_carballo interior_libro_carballo camiseta_carballo diploma_igualando_carballo igualando_carballo_nenos
Category
Deseño gráfico

Igualando Carballo

Igualando Carballo é un programa de actividades en centros educativos que se desenvolveu no municipio coruñés con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

Este programa componse de talleres con alumnos de cuarto de primaria, onde se lles forma e convida á reflexión ao redor da igualdade de xénero. Esta primeira fase culmina coa celebración do concurso “A historia das mulleres no municipio de Carballo”, onde os estudantes investigan sobre a vida dos personaxes femininos vinculados dalgunha maneira á localidade.

O obxectivo é aprender a valorar o papel que tivo a muller na historia local. Para iso, deben preparar unha historia sobre a vida da muller que decidan, xa sexa familiar ou coñecida. Terán que recoller os aspectos da súa infancia, xogos, estudos, a madurez, as tarefas do fogar, o traballo, a vida das mulleres na súa contorna e as discriminacións que sufriron polo feito de seren mulleres.

Iniciouse así, e durante todo o mes, unha serie de proxectos conxuntos para comprender mellor o significado da data do 8 de marzo, e que esta non é unha loita dun só día.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando dá su consentimiento para la aceptación nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies