Cartel Intriga Manuel Beiras Mupi intriga Manuel Beiras Bases y desenlace Manuel Beiras Premios Despliegue bases Manuel Beiras Cartel desenlace Manuel Beiras Bases Premio Manuel Beiras Contraportada Bases Premio Manuel Beira
Category
Creatividade, Deseño gráfico

PREMIOS MANUEL BEIRAS

Os premios Manuel Beiras teñen como obxectivo recoñecer o esforzo que fan as empresas de Compostela na normalización do uso da lingua galega. Convócanse anualmente, e desde o ano 2000, polo Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio.

Nesta edición traballouse primeiramente a imaxe dos premios. Ata agora empregábase o perfil de Manuel Beiras, pero non tiña unha tipografía asociada nin un tratamento uniforme.

No que se refire á convocatoria, nesta edición quixemos poñer o foco na persoa que dá nome aos premios: Manuel Beiras. Foi un intelectual e político galeguista. Aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico no Diario de Galicia e posteriormente seguiu escribindo e traducindo ao galego baixo o pseudónimo “Eu ben sei”.

Este pseudónimo inspirounos para crear unha campaña de intriga, na que coa súa imaxe e a pregunta “Que é o que importa?”, quixemos provocar unha reflexión ao redor do realmente importante no mundo da cultura e da lingua.

Como desenlace, e acompañando as bases do premio, un cartel presenta a imaxe de campaña cun “Ti ben sabes”, que nos responde que todos sabemos que o importante do noso idioma é utilizalo. Así faciamos unha chiscadela ademais ao pseudónimo de Manuel Beiras.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando dá su consentimiento para la aceptación nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies