CON B DE BARRIO
O Concello de Santiago de Compostela promove Con B de Barrio, un proxecto para apoiar, dinamizar e estimular o pequeno comercio de barrio fronte ás grandes superficies.
Fomenta proxectos de dinamización comercial nos que prima a cooperación entre establecementos comerciais da mesma ou diferente actividade. Tamén favorece o asociacionismo, créanse sinerxías e redes colaborativas que buscan beneficios compartidos derivados da confluencia de intereses.
Para tal fin creouse unha marca que represente a idea e o espírito do proxecto. Unha “B” cuxas formas veñen definidas por dúas frechas que conflúen en ambos os dous sentidos. As frechas axúdannos a representar conceptos presentes no proxecto: INTERACCIÓN, CONFLUENCIA, COLABORACIÓN, DINAMIZACIÓN, etc. Dúas cores degradadas subliñan esa mestura de dous intereses cunha meta común.
Tamén se desenvolveu un tríptico explicativo do proxecto cuxa portada utiliza unha imaxe que reflecte esa idea de proxectos colaborativos. Para iso utilizamos unha mesa de traballo con diversas persoas de diferentes perfís traballando cun mesmo obxectivo. Mediante uns debuxos/bosquexos creados na mesa, reflectimos ideas máis directas: redes sociais, sinerxía, comercio, balances, rendibilidade, nube de datos, obxectivo, etc.