AXENDA CULTURAL DA SEMANA SANTA COMPOSTELÁ
Coa primavera chegan as procesións de Semana Santa e con elas, unha axenda cultural repleta de eventos para todos aqueles que se achegan a Santiago de Compostela. Percorridos pola música sacra e espiritual. Visitas a conventos, fontes históricas, parques, xardíns e, como non, unha gastronomía que cativa todos os visitantes. Debido a este grande abano de eventos, seguiuse un código de cor para diferenciar as partes da axenda e expresar así a gran variedade cultural que ofrece a cidade. Tamén se fixo un notable esforzo para dotalo dunha fórmula lexible e dunha organización do contido.
Un traballo realizado para Santiago Turismo.