CASTROSUA FIAA
Creatividade para o grupo Castrosua FIAA (Feira Internacional do Autobús) en IFEMA. A idea xiraba ao redor de darlles protagonismo aos valores da marca. Unha batucada brasileira encargouse de amenizar o evento e proxectar nos asistentes o espírito da marca. Cada músico levaba un concepto diferente impreso na súa camisola. Desta maneira transmitíanse os valores da marca aos asistentes dunha forma amena e dinámica
Como obsequio, os visitantes recibían diferentes produtos baixo o concepto “Bus thinking” inspirado en todos eses profesionais que viven por e para o sector do autobús.